Alternative content

Get Adobe Flash player

» 19/05/2013 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Maio 2013 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 NON NOS PIDAN O VOTO
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE










Inicio » ENTREVISTAS » “Non só é traballo físico”
  
Reportaxe
» Catro anos máis no cargo
A asemblea do IEV ratifica a Aurelio Blanco como presidente
“Non só é traballo físico”
 Engadido: 07/01/13      



O barquense Adolfo Mateo Diéguez é un dos fisioterapeutas do R.C. Deportivo da Coruña

Na tempada 2011/2012, Adolfo Mateo Diéguez (O Barco de Valdeorras) entraba a formar parte do corpo médico do R.C. Deportivo da Coruña, como fisioterapeuta, e con ese posto conseguía un dos seus soños profesionais.

 

Dende hai un ano e medio Adolfo é un dos fisioterapeutas que tratan aos xogadores do equipo de referencia da Coruña, un labor que lle ocupa boa parte do seu tempo e no que non só traballa coas mans senón coa cabeza, “nesta profesión non só tes que ser bo coas mans senón ter capacidade organizativa e facer ás veces de psicólogo” di este xove que comezaba a forxar o seu futuro facendo un grao do TAFAD (Ciclo Superior Técnico en Actividades Físicas e Animación Deportiva) que durou dous anos, para continuar cos cinco anos de INEF.

 

“Gustoume pero non tiña demasiadas saídas laborais, digamos estables e ao acabar a licenciatura entrei na Facultade de Fisioterapia da Coruña”. Tres anos despois, completado a diplomatura co grao, estivo dous anos nunha clínica privada ata que o coordinador de Fisioterapia do Deportivo contactou con el.

 

¿En que consiste o seu traballo no club coruñés? ¿Como é o día a día?

Como o dun fisioterapeuta máis pero especializado no ámbito deportivo. Adéstrase pola mañá na cidade deportiva e eu chego e se hai algún lesionado vouno tratando mentres eles adestran e no caso de que non haxa ningún, que e raro, saio co equipo. O máis gordo, os tratamentos, fanse ao rematar o adestramento. Iso é sempre fixo, tódalas mañás salvo algún día que os xogadores teñan libre. Despois a maiores, o Deportivo ten unha clínica e algún tratamento que sexa máis específico, máis longo ou que necesite algún tipo de maquinaria faise aí, normalmente polas tardes. Tamén facemos traballo preventivo que é moi importante.

 

¿Como está formado o corpo médico no Deportivo? ¿Cales son as pautas que segue?

Hai un coordinador dos Servizos de apoio ao rendemento de fútbol e despois están dous médicos, dous fisios a xornada completa e o coordinador que tamén nos apoia a nós. Asemade colabora un podólogo que actúa puntualmente, e un readaptador funcional que actúa cando nós rematamos a parte de fisioterapia, antes de entrar co equipo. No día a día é o que hai. O protocolo cando hai unha lesión é: primeiro o médico evalúa e emite un diagnóstico, se é necesaria algunha proba faise e en canto hai un diagnóstico pasamos a traballar nós. Se sospeitamos que hai unha lesión propia do día a día como sobrecargas, non é así, pero o protocolo é primeiro médico e despois fisio.

 

¿Cales son as lesións que máis se tratan en futbolistas de elite?

Nós estamos tendo moita sorte e o que máis hai son lesións musculares, roturas musculares, de grao un, dous,  esguinces... porque o xeonllo sufre bastante, ademais en Primeira e Segunda División hai bastante contacto. O que máis temos son desequilibrios musculares, sobrecargas, case todo muscular. No mundo do fútbol tamén hai algunha fractura, moitas roturas do ligamento cruzado, pero nós temos sorte e non estamos tendo  moito disto. Temos lesións que denominamos de curta duración.

 

Texto: Mónica G. Bellver      Foto: Carlos G. Hervella

(A entrevista íntegra pode lerse na edición en papel do periódico O Sil).





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info



Visitas hoxe: 5, de un total de: 1997998 visitantes, dende 2013-03-29

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
22 Abril 2013
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.