Alternative content

Get Adobe Flash player

» 24/05/2013 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Maio 2013 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 NON NOS PIDAN O VOTO
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE










Inicio » POLITICA » O agro galego, na UE
  
Reportaxe
» Catro anos máis no cargo
A asemblea do IEV ratifica a Aurelio Blanco como presidente
O agro galego, na UE
 Engadido: 07/01/13      



A futura PAC en Galicia, nun seminario promovido polo BNG en Bruxelas

As reivindicacións do rural galego soan na Unión Europa. Uns trinta representantes do sector agrogandeiro viaxaban os días 6 e 7 de decembro a Bruxelas (Bélxica), convidados pola eurodeputada Ana Miranda (BNG), para reunirse con diferentes responsables da Comisión Europea e da Eurocámara directamente implicados na reforma da Política Agraria Común (PAC), que marcará as regras de xogo neste ámbito produtivo nos vindeiros sete anos.

 

O sector pediu un trato xusto nesta futura PAC, facendo fincapé nas peculiaridades galegas, especialmente en cuestións como o sistema de cotas leiteiras, as diferentes liñas de axudas aos agricultores, os dereitos de plantación de viñedos ou os criterios de distribución do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). Estes encontros tiveron como marco o seminario “Análise do impacto da reforma da PAC na Galiza”.

 

“O obxectivo desta xornada é darlle voz directa ao sector para que presente as súas demandas ante os principais interlocutores que interveñen na elaboración da reforma, é dicir, Comisión e Parlamento Europeo, aos que trasladaron cal é a posición galega e cales son os aspectos que máis lles preocupan”, sinalaba a eurodeputada nacionalista Ana Miranda. Entre esas prioridades figuran a creación dun “fondo lácteo” ante unha eventual supresión do actual sistema de cotas, continuar cos dereitos históricos de plantación de viñedo e un reparto máis equitativo das axudas, que non poden estar ligadas ao número de hectáreas de explotación.

 

Asemade Miranda destacou a importancia desta visita porque aínda “hai tempo de cambiar as cousas, estamos nun momento clave para facer propostas”. Do mesmo xeito se manifestaba Edelmiro López Iglesias, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, “o momento é decisivo para definir o novo marco presupostario e as distintas políticas europeas, entre elas a PAC 2014-2020. Aínda que hai interses diversos por parte dos diferentes Estados e sectores, hai terreo de xogo para operar e é nel onde nós tratamos de incidir na medida das nosas forzas”.

 

Texto: O Sil/Redacción/ Bruxelas

(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info



Visitas hoxe: 5, de un total de: 1998112 visitantes, dende 2013-03-29

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
22 Abril 2013
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.