Non só nos premios, tamén nas críticas especializadas. A calidade dos viños do Ribeiro reflíctese en dúas guías españolas de referencia tanto para profesionais como para afeccionados: Peñín e Proensa. Así un total de 14 caldos desta denominación de orixe ourensá aparecen na Guía Proensa dos mellores viños de España 2013. Son destacados polo xornalista e catador Andrés Proensa cunha puntuación de máis de 90 puntos sobre 100.
Ao mesmo tempo na Guía Peñín dos viños de España 2013 figuran ata 92 caldos do Ribeiro, cunha puntuación de 90 sobre 100. Nesta guía, tal e como se destaca dende o CRDO Ribeiro, “aínda que se sinalan na sua maioría viños brancos, tamén se resalta que cada ano van cobrando máis importancia os tintos elaborados dos seus máis representativos varietais: sousón, caíño e brancellao: estes amosan unha crecente mellora en canto á súa calidade e á súa representatividade”.
Texto: O Sil/ Redacción Ourense
(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).