Alternative content

Get Adobe Flash player

» 23/05/2013 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Maio 2013 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 NON NOS PIDAN O VOTO
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE










Inicio » EDITORIAL » Unha infraestrutura vital
  
Reportaxe
» Catro anos máis no cargo
A asemblea do IEV ratifica a Aurelio Blanco como presidente
Unha infraestrutura vital
 Engadido: 06/02/13      

A gastronomía é un importante recurso turístico que debe ser posto en valor. Ourense conta co maior salón gastronómico de Galicia, Xantar. Apoiémolo.

A falta de infraestruturas viarias segue sendo un dos talóns de Aquilés do oriente ourensán. Sorprende que a principal zona produtora e exportadora de lousa do mundo non dispoña dunhas infaestruturas viarias acordes cos tempos que corren, pero esa é a realidade.

 

Unha situación que se agravaba a finais do pasado ano 2012 co peche da N-120 (principal acceso á autovía A-6), debido a problemas no túnel da Barosa. Foron case tres meses nos que o tráfico se desviou por estradas como a N-536, que non reunía as condicións axeitadas para o tráfico pesado e que supoñía alargar ata máis dunha hora a viaxe e tamén tiña consecuencias económicas para sectores como o do transporte.

 

Tendo moi presente esa situación, e temendo que poda volver a repetirse, a mesa de seguemento da Plataforma da Autovía A-76 (da que forman parte os alcaldes de Ponferrada, O Barco e Monforte, ademais dos empresarios destas tres comarcas) vén de pedir ao Ministerio de Fomento que se aceleren os prazos para facer realidade esta vía e que o que inicio desta infraestrutura sexa nun punto moi concreto: entre os quilómetros 7 e 17,5 do estudo informativo da autovía, é dicir, no entorno do túnel da Barosa.

 

O obxectivo desta demanda, que acordaba na xuntanza celebrada pola mesa de segumento o 15 de xaneiro no Barco, é dobre. Por unha banda asegurar o inicio da autovía e, pola outra, evitar que se repita a problemática vivida a finais do 2012.

 

Este é o tema co que abrimos este número de febreiro do Periódico O Sil. Nel recollemos a valoración de administracións, políticos e empresarios sobre esta infraestrutura. Todos coinciden na súa relevancia para o futuro das tres comarcas polas que pasa (Bierzo, Valdeorras e Ourense).

 

Nesta edición falamos ademais dun dos recursos principais e diferenciadores da provincia, o termalismo. E facémolo coñecendo de primeira mans os proxectos nos que está traballando, neste caso a cidade de Ourense, para a súa posta en valor. Para iso conversamos co concelleiro de Termalismo ourensán, José Ángel Vázquez Barquero.

 

Tocamos asemade o turismo, pero dende o enfoque gastronómico, da man de Xantar, un salón gastronómico de carácter internacional que se desenvolverá a primeiros de marzo en Expourense. Antes haberá outras citas como é o caso das campañas dos namorados da provincia, con iniciativas como a Carreira O Barco Namora (que se celebrará nesta vila o 17 de febreiro), da XIII Mostra de Aceite de Quiroga (prevista para o 24 de febreiro), ou, por suposto, do Entroido.

 

A esta última celebración, que se vive de maneira intensa e especial na provincia de Ourense, adicámoslle dende o O Sil un amplo monográfico de máis de 50 páxinas que vimos de poñer nos quioscos conxuntamente con este número de febreiro.

 





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info



Visitas hoxe: 19, de un total de: 1998104 visitantes, dende 2013-03-29

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
22 Abril 2013
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.