Alternative content

Get Adobe Flash player

» 23/05/2013 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Maio 2013 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 NON NOS PIDAN O VOTO
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE










Inicio » ESPECIAIS » Un día de romaría
  
Reportaxe
» Catro anos máis no cargo
A asemblea do IEV ratifica a Aurelio Blanco como presidente
Un día de romaría
 Engadido: 06/02/13      



S. Francisco Blanco, o 5 de febreiro en Outarelo (O Barco)

Malia ter as súas orixes en Tameirón (A Gudiña), é na pequena localidade de Outarelo (O Barco de Valdeorras) onde San Francisco Blanco, coñecido como o último mártir de Xapón, é venerado cada ano dende o século XVII, na capela onde se conservan a súa imaxe e reliquia (un cráneo).

 

O martes 5 de febreiro será cando a pequena localidade barquense se encha de devotos chegados dende diferentes pobos da zona, para asistir aos actos relixiosos na súa honra. Porén os fieis xa comezan a prepararse espiritualmente unha semana antes coa asistencia á misa, rosario e novena que se celebra dende o día 27 de xaneiro ata o día 4 de febreiro na capela de Outarelo a partires das 17 h.

 

E xa o día 5, poderán asistir a calquera das misas que se celebrarán cada hora dende as dez da mañá, especialmente pensadas para que todo aquel ao que lle sexa imposible asistir á misa maior, poida participar das celebracións eucarísticas na honra do mártir do Tameirón.

 

Texto: Mónica G. Hervella     Foto: Carlos G. Hervella





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info



Visitas hoxe: 6, de un total de: 1998091 visitantes, dende 2013-03-29

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
22 Abril 2013
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.