Primeiro foi Bolivia, a través da Unidade Escolar Timoteo Rondales de Bermejo, e agora Bogotá, a través do Centro Cultural e Educativo Español “Reyes Católicos”. O IES Carlos Casares segue estreitando lazos de irmanamento e amizade con Sudamérica.
O último paso dábano dende o centro vianés a comezos de xaneiro, nun emotivo acto que contou coa presenza do anterior director do instituto Luis Fernández, actualmente profesor de biloxía no centro colombiano, e do propio rector Miguel Ángel Villalobos. A visita estivo enmarcada na actividade cultural denominada “Bogotá: contrastes dunha cidade” que servíu para analizar as diferentes caras (política, histórica, económica, educativa, cultural e social) da realidade de Colombia.
Durante o acto, o ex director vianés tivo a oportunidade de saudar e despedirse oficialmente dos que foran os seus alumnos. E fíxoo, primeiro con vágoas no ollos e despois máis sereno, dándolles unha nova lección, nesta ocasión sobre os contrastes do país colombiano.
A través dunha sucesión de imaxes que el mesmo fora tomando, amosou os contrastes entre o norte e o sur, entre a riqueza e a pobreza, entre o árido e o verde, achegando aos alumnos galegos, á realidade colombiana na que, en palabras do propio Luis “o crecemento é real pero non ideal, polo menos mentres existan desigualdades entre as persoas”.
Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).