En Calabagueiros (O Barco de Valdeorras) fronte ao Narón, segundo clasificado e “gallito” da 2ª B, o Cidade de Narón F.S. Así comezaban o mes de febreiro os rapaces do Tres Cuñados/ Vilamatín F.S. Un partido que se anunciaba entretido e complicado e que non defraudou.
Malia acabar perdendo, o conxunto valdeorrés plantáballe cara aos ferrroláns que acabaron “colgados do largueiro e pedindo a hora cunha vitoria sufrida” apuntan dende o club.
Como era de esperar, os de Narón defenderon o seu segundo posto na clasificación pero “atopáronse cun cadro local que a pesares de chegar ao descanso 0-2, en ningún momento deu o encontro por perdido e loitou ata o último segundo” explican dende a páxina web do conxunto valdeorrés. Ao final Dilín conseguía marcar, recortando a diferenza do resultado que xa non se movería do 1-2 final.
Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).