Alternative content

Get Adobe Flash player

» 1-11-2009 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Novembro 2009 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 NON NOS PIDAN O VOTO
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE










Inicio » Viticultura 09 » Gran incremento
  
Reportaxe
» Catro anos máis no cargo
A asemblea do IEV ratifica a Aurelio Blanco como presidente
Gran incremento
 Engadido: 08/11/09      



A D.O. Monterrei recolle máis de 2 millóns de quilos de uva nesta campaña

Unha vendima histórica. Ese é o balance que dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei se fai da colleita deste ano, na que se recolleron 2.057.874,4 quilos de uva, un 51,5% máis que na vendima do ano pasado.

 

A denominación comenzou pronto a recollida, o día 8 de setembro, e en pouco máis dun mes estaba rematada a vendima. Os últimos acios entraron nas adegas o 16 de outubro. As primeiras en ser recolectadas foron a Godello, a Dona Branca e a Albariño en brancas, e as Bastardo e Mencía en tintas. Estas ademais tiveron unha maduración da pel e das pepitas superior á do ano pasado.

 

O tempo foi bastante desigual nesta campaña e a brotación e o desenvolvemento da vide producíuse con adianto respecto ao 2008, como anuncian dende a Denominación. As precipitacións na desflora provocaron un mal cuallado dos acios que redundou nunha baixada da producción, principalmente na variedade Treixadura, unha das máis sensibles a estes cambios. Ademais, as choivas en forma de granizo que caíron en xullo provocaron danos puntuais nalgúns viñedos.

 

Pero estes problemas subsanáronse coas altas temperaturas da segunda quincena do mes de agosto e de setembro que permitiron que a calidade fitosatinara das uvas fora moi boa. Segundo se manifesta dende o Consello Regulador, estas condicións favoreceron a concentración de aromas e a acumulación de antocianos, (os que dan a cor nos tintos), que permite augurar unha colleita de alta calidade.

 

Texto: PGL/Ourense      Foto: Carlos G. Hervella

(Máis información na edición en papel do Especial Viticultura 09 de O Sil).





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info



Visitas hoxe: 16, de un total de: 1998054 visitantes, dende 2013-03-29

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
22 Abril 2013
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.