Alternative content

Get Adobe Flash player

» 1-3-2010 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Marzo 2010 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 NON NOS PIDAN O VOTO
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE










Inicio » ECONOMIA » Premios do comercio
  
Reportaxe
» Catro anos máis no cargo
A asemblea do IEV ratifica a Aurelio Blanco como presidente
Premios do comercio
 Engadido: 04/03/10      



AEVA e CCA entregan os premios de Nadal e Namorados

Aeva entregou os premios aos ganadores da Campaña de Nadal, nun acto no que se fixo un repaso polas actividades da asociación empresarial ao longo do pasado ano. Repartíronse 3.800 euros en premios, divididos nun talón de 500 euros, outro de 300 e 30 de 100 euros. O premio maior foi entregado por Estética Pamen, do Barco, e os 300 euros repartíunos Interópticas Versa.

 

Tamén se concederon os premios do décimo concurso de escaparates que AEVA realizou en colaboración coa Cámara de Comercio de Ourense. 16 establecementos participaron este ano no concurso, resultando ganador o comercio Azul e Rosa do Barco, que recibíu un diploma e 200 euros. Charo López e Perfumería Ana de La Puente, tamén do Barco, foron segundo e terceiro, respectivamente. O Sil entregou o cuarto premio, á Mercería Raquel de A Rúa. En total concedéronse oito galardóns.

 

Pola súa parte, o Centro Comercial Aberto O Barco entregou os premios aos ganadores do Concurso de Piropos, enmarcado dentro da Campaña de Namorados 2010. Premiáronse 24, 12 cunha cea en restaurantes asociados e outros 12 cun talón por valor de 25 euros para canxear por consumicións en catro bares do CCA.

 

 Entre os ganadores puidéronse escoitar versos moi diversos destacando os localistas como “Nena, esas son curvas e non as da carretera de Santigoso” ou con referencias á vendima “Ogallá foras uva que che facía a vendima enteira”.

 

Texto: O Sil/Redacción   Foto: Patricia González

(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info



Visitas hoxe: 4, de un total de: 1997997 visitantes, dende 2013-03-29

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
22 Abril 2013
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.