
Via Nova romana, unha infraestrutura rentable para o futuro da Galicia interior
No século I d.C. os romanos trazaban unha estrada que conectaba de maneira rápida e cómoda as dúas principais urbes do Noroeste peninsular: Bracara Augusta e Asturica Augusta. Nacía así a Via Nova, unha autoestrada da época. Dende aquela ningunha outra autovía volveu a construírse no oriente ourensán. É máis, a comunicación que aínda segue activa coa comarca de Trives segue o trazado marcado polos romanos, polos sinuosos Codos de Larouco e cruzando a Ponte Bibei. Sobre a Via Nova, a súa historia, valor, singularidade e potencial como elemento dinamizador afondamos nesta reportaxe.
Foto: Carlos G. Hervella
|
|