Alternative content

Get Adobe Flash player

» 17-02-2012 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Febreiro 2012 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 NON NOS PIDAN O VOTO
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE










Inicio » Entroido 2012 » Novo punto de partida
  
Reportaxe
» Catro anos máis no cargo
A asemblea do IEV ratifica a Aurelio Blanco como presidente
Novo punto de partida
 Engadido: 17/02/12      



O desfile de comparsas do Martes de Entroido na Rúa, sairá este ano dende a cooperativa V. das Viñas

O desfile do Martes de Entroido, que cada ano centra a programación no concello da Rúa, preséntase este ano con máis dun cambio. O primeiro será o punto de saída para as comparsas participantes. Tal como adiantou o alcalde da Rúa Avelino García Ferradal, este ano en lugar de saír dende a estación de autobuses, as comparsas farano dende a cooperativa Virxe das Viñas, para continuar o percorrido polas rúas Campograndes, Progreso e Doutor Vila, rematando na praza da Estación.

 

 “É un traxecto un pouco máis longo pero pensamos que pode estar ben” di Avelino, explicando o segundo cambio deste ano: “a idea que temos é eliminar os premios en metálico que se viñan entregando os anos anteriores e no seu lugar daremos unha axuda á participación e un trofeo ou agasallo á mellor comparsa”.

 

Dende o Concello tamén esperan poder organizar algunha actividade máis ese mesmo día, despois do desfile, especialmente pensado para os participantes na festa “un baile ou algo así para que queden no pobo” explica o alcalde.

 

Se todo se desenvolve segundo o previsto, o resto da programación segue máis ou menos igual. O Xoves de Comadres, será a noite que as mulleres aproveiten para saír de cea e desfrutar sen complexos dos privilexios que lle dá a festa, xa que ese día “elas son as que mandan”.

 

Texto e foto: Mónica G. Bellver  

(Máis información na edición en papel do Especial Entroido de O Sil).





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info



Visitas hoxe: 20, de un total de: 1998013 visitantes, dende 2013-03-29

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
22 Abril 2013
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.