» 29-02-2004 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Febreiro 2004 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE


Visitar Blog






Inicio » Entroido2004 » Pobo a pobo
  
Reportaxe
» Outro xeito de expoñer
Valviñart 2010-CH.Paladium en Vilamartín
Pobo a pobo
 Engadido: 19/02/04      



Os troteiros levan o Entroido por todo Bande

Facendo honor ó seu nome os “troteiros”, máscaras do Entroido de Bande, visitarán, a modo de embaixadores do Entroido, os diferentes pobos deste concello ourensán. Este percorrido das máscaras iniciouse o primeiro domingo de febreiro e prolongarase, con diferentes saídas, ata o día 24 de febreiro, o martes de Entroido.
A próxima visita prevista será a do domingo día 15 de febreiro. Así será nesta xornada, a partires das doce do mediodía, cando os “troteiros” acheguen ata as aldeas de Vilameá, Buxán, As Maus, Vilela, Os Baños, Lebosandaus, Quintela, Santa Comba, As Forcadas, Mexide, O Pazo e Martiñán. Con este amplo percorrido quedará completado o traxecto realizado polas aldeas do municipio durante os dous domingos anteriores, estendendo así o alento tradicional do Entroido polos diferentes lugares do municipio. Así durante o 1 de febreiro os “troteiros” visitaron as aldeas de Sarreaus, A Igrexa, Ribas, Vilameá, Aldea de Arriba, Corvelle, Pereira, Seoane, Recarei, Cadós, Cima de Vila, A Granxa, Pazos, O Souto, Rubiás e Ponte Cadós.
No seguinte domingo, o pasado 8 de febreiro, o percorrido das máscaras seguiu polos lugares dos Sordos, O Viñal, Quintá, O Outeiro, Garabelos, San Fiz, As Campinas, Fervenza, Barrio, Quintela, Carpazás, Trarigo, Güín, A Ponte Liñares, Vilar e Lueda. Despois desa viaxe polas aldeas, durante o Domingo de Entroido, estas máscaras sairán en Bande tamén a partires das doce e media do mediodía. Xa pola tarde, está previsto un desfile de comparsas e disfraces, que se animará coa actuación de diversas charangas. Esta cita festiva está programada para as cinco e media da tarde.


A festa continuará o martes de Entroido cun programa de actos semellante. A mediodía os troteiros farán a súa última saída no Carnaval do 2004 e pola tarde desenvolverase un novo desfile. As comparsas con dez ou máis compoñentes recibirán 50 euros. Tamén durante o Entroido haberá polas tardes obradoiros de máscaras e capuchóns.


O Mércores de Cinza, ás sete e media tarde terá lugar o enterro da sardiña con capuchóns e viúvas, e coa actuación da Charanga de Bande. Despois queimada. Este será o colofón do Entroido de Bande deste ano.

Texto: A.R./Ourense   Foto: Concello de Bande





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info


Visitas Online: 10

Visitas hoxe: 498, de un total de: 522 visitantes, dende 2010-09-01

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
12 Agosto 2010
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.