Información legal

AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www. osil.info

1. Propiedade intelectual.

Todos os contidos despregados na website www.osil.info son propiedade intelectual e industrial da empresa editora GARHERVE S.L. Por contidos enténdense todos os textos, fotografías, gráficos, ilustracións, deseños, logos e deseños das páxinas. Queda terminantemente prohibida a distribución, utilización ou copia destes textos, fotografías, gráficos, ilustracións,
deseños, logos e deseños de páxinas, a non ser que se conte cunha autorización expresa da empresa editora GARHERVE S.L.

O Internauta poderá ver todos os textos, fotografías, gráficos, ilustracións, etc. e ademais poderá imprimilos, copialos ou almacenalos parcial ou totalmente no disco duro do seu ordenador sempre que o uso destes elementos sexa exclusivamente persoal e privado. Calquera outra utilización con fins comerciais é constitutiva de delicto contra a propiedade intelectual.

En ningún caso e baixo ningunha circunstancia os contidos da website www.osil.info poderán ser imprimidos, copiados, almacenados parcial ou totalmente para crear bases de datos (sexan de imaxe ou texto) utilizadas a posteriori con fins persoais ou comerciais.

Esta website contén textos, imaxes, ilustracións, gráficos, logos e deseños debidamente autorizados polos seus autores que non poden ser copiados, alterados ou distribuídos, a non ser que se conte cunha expresa autorización dos mesmos.

GARHERVE S.L. resérvase o dereito a emprender calquera acción legal contra calquera usuario que vulnere estes principios.

2. Acceso á website www.osil.info

O internauta ten a obriga de utilizar licitamente e con boa fe os servicios e informacións (sexan textos, imaxes ou gráficos) subministrados por esta website. A empresa editora GARHERVE S.L. rexeita calquera responsabilidade pola usurpación ou uso indebido dos elementos enriba citados.

O portal poderá conter ligazóns a sites operados por outras empresas que non sexan GARHERVE S.L. GARHERVE S. L. non controla estas websites e non se responsabiliza das mesmas, incluíndo a dispoñibilidade dos contidos. A inclusión destas ligazóns na website www.osil.info non presupón unha aceptación do contido nelas existente ou unha asociación cos seus
propietarios.

A empresa editora GARERVE S.L. declina calquera responsabilidade no que atinxe á aparición de virus informáticos ou calquera outro problema derivado do uso do seu portal.

Asemade, a empresa editora considerará acción ilícita calquera das seguintes:

a) Acceso a calquera área non autorizada.
b) Calquera acción encamiñada a vulnerar ou probar a vulnerabilidade do sistema.
c) A instalación dun virus no portal.
d) Envios de e-mails non solicitados encamiñados a promocionar porductos ou servicios.
e) O ataque informático ao portal

GARERVE S.L perseguirá o incumprimento das condicións expostas ou calquera outro uso indebido dos contidos da súa páxina web co exercicio de todas as accións civís e penais que estean no seu dereito.

Asemade, a empresa editora resérvase o dereito de copiar, alterar, allear, transmitir, publicar ou despregar calquera contido enviado ao portal. O anterior presupón que a empresa editora ha exercer os dereitos de propiedade intelectual e industrial dos mesmos.

3. Suspensión ou interrupción do acceso

GARHERVE S.L. resérvase o dereito de interromper ou suspender o acceso a www.osil.info no período que considere necesario, calquera que sexan as razóns, ben de orde técnica, administrativa ou forza maior. A empresa editora non será responsabilizada por calquera suspensión ou interrupción do acceso ou servicio.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR