ConcellosÚltima hora

Máis de 81.000 euros na mellora da estrada OU-212, ao seu paso por Avión

A conselleira de Infraestruturas mantén unha reunión co alcalde para abordar os detalles da actuación
Un momento da reunión, o sábado, entre a conselleira e o alcalde de Avión.
Un momento da reunión, o sábado, entre a conselleira e o alcalde de Avión.

A conselleira de Infraestrtururas e Vivenda, Ethel Vázquez, reuníase o pasado sábado 28 de maio co alcalde do Concello de Avión, Antonio Montero, ao que lle trasladou que a Xunta executará obras de reforzo do firme na estrada entre A Ermida e Beade (OU-212) ao seu paso polo municipio.

Na estrada OU-212 procederase á rehabilitación localizada mediante fresado e reposición, en zonas comprendidas entre os puntos quilométricos 6+250, concretamente na saída cara o núcleo Beariz e o 8+820, na entrada a Liñares. Estas reparacións beneficiarán aos veciños dos concellos de Avión e Beariz.

As devanditas actuacións están enmarcadas nun paquete de melloras de firmes en estradas autonómicas da provincia de Ourense, por un importe de máis de 502.000 euros, dos que máis de 81.000 euros corresponden aos traballos na OU-212.

Artigos relacionados

Back to top button