EconomíaEconomíaÚltima hora

O Inorde recibe unha misión de empresas de deporte náutico portuguesas

Este encontro, no que participaron 30 empresarios, celebrouse no balneario de Laias
O presidente do Inorde, Rosendo Fernandez, e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, na recepción dos empresarios.

O Inorde acolleu unha Misión Empresarial de deporte náutico na que participaron 30 empresarios e a asociacións deportivas de Portugal, dentro do Proxecto Europeo de Cooperación Transfronteiriza 230_CTC_Limia_Lima_Cavado_1_P, para dar a coñecer o CERLAC e o proxecto Estaciones.

Este proxecto ten como obxectivo o desenvolvemento do territorio a través da cooperación transfronteiriza entre as rexións que abranguen os socios do proxecto, a Comunidade Intermunicipal do Cávado (CIM Cávado), a do Alto Mnho (CIM Minho) e do Inorde.

Esta acción empresarial está incluída dentro das accións previstas no proxecto, e ten como obxectivo aproximar e aumentar a cooperación empresarial neste territorio.

Coa recepción do presidente do Inorde, Rosendo Fernández, José Manuel Rodríguez comezou a visita ás instalacións do Centro de Entrenamento de Remo (CERLAC) no Balneario de Laias, no que actualmente adestra a Federación Bielorrusa de Remo.

Pola tarde, ao rematares a xornada, visitaron as estacións rehabilitadas dentro dos proxectos europeos “Estacións Vivas”.

Artigos relacionados

Back to top button