DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Intensa xornada de fútbol base no Aguillón

Os benxamíns e os alevíns do C.D. Rúa vencían nos seus respectivos partidos contra Barbadás, Calasancio e Bosco

Ata tres partidos se disputaban na mañá do 7 de outubro no campo de fútbol do Aguillón na Rúa e, nos tres, os equipos do C.D. Rúa saían vitoriosos.

Os primeiros en xogar eran os cativos do C.D. Rúa “B” benxamín que vencían por 6 goles a 0 ao Barbadás “B”. De seguido tocáballe o turno ao equipo alevín do Rúa que tamén ganaba, 4-1 ante o Calasancio “C”.

O último partido da mañá era o da categoría benxamín A. O equipo mixto do C.D. Rúa, no que xoga unha rapaza, enfrontábase ao único equipo feminino de Ourense, o Rosalía (da A.D. Bosco) que perdía por 8 goles a 0.

A xornada completarase esta tarde cos partidos xuvenil (C.D. Rúa-Calasancio “B”) ás 16h. e infantil (C.D. Rúa-Pabellón Promesas C.F.) ás 18:15h.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button