OurenseÚltima hora

Encontro cultural entre nenos saharauis e senegaleses en Seixalvo

A iniciativa que terá lugar o xoves 25, está organizada pola Lanzadeira de Emprego de Ourense
Cartel do evento organizado para o xoves 25.
Cartel do evento organizado para o xoves 25.

A Lanzadeira de Emprego de Ourense organiza para o vindeiro xoves día 25 un encontro intercultural e solidario cunha trintena de nenos saharauis e senegaleses e rapaces da Cruz Vermella. Terá lugar en Seixalvo co obxectivo de fomentar o intercambio de experiencias entre os cativos de diferentes países.

Así, a iniciativa pretende enriquecer os coñecementos dos nenos saharauis e senegaleses que gozan estes días das vacacións estivais con familias de acollida en Ourense, xunto cos nenos que participan nos programas da Cruz Vermella.

As actividades celebraranse entre as 9:30 e as 13:30 nas instalacións que Lakatos Paintball cedeu de balde. Haberá xogos con auga, unha xincana e un aperitivo.

A Lanzadeira de Emprego está impulsada polo Concello de Ourense, a Fundación Telefónica e a Fundación Santa María A Real, e conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.

Artigos relacionados

Back to top button