O acto terá lugar o sábado 21 de xaneiro ás sete da tarde no salón de actos do edificio multiusos
“El destacamento penal de las minas de wolfram de Valborrás de Casaio”, libro escrito polo investigador Isidro García Tato, natural de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras), será presentado o vindeiro 21 de xaneiro ás sete da tarde no Barco.
Este acto, que contará coa presenza de tres historiadores, terá lugar no salón de actos edificio multiusos barquense. Así nel intervirán o autor, Isidro García Tato, Pablo Otero Piñeyro Maseda e Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, pertecentes todos eles ao Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, do CSIC. Tamén participará no acto o presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV), Aurelio Blanco Trincado.