CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Ítaca: “Queriamos que o himno do CD Barco fose cantable, pegadizo e animado”

A banda barquense liderada por Santiago Paradelo foi a creadora do canto de honra ao equipo de fútbol que compite en Terceira División

Parte de Ítaca con colaboradores para o videoclip do himno do CD Barco.

 

Rojo es el color que mueve nuestro corazón
Barco, Barco, Barco
En el verde ponemos ilusión y una platea repleta alentará
Barco, Barco, Barco
Orgullo, fuerza y pasión, somos uno con nuestra afición
Barco, Barco, Barco

Este é o retrouso do himno do CD Barco, un tema creado pola banda barquense Ítaca para o club de fútbol que compite en Terceira División e que está a piques de cumprir medio século de historia.

E precisamente a cercanía do 50º aniversario, foi un dos detonantes para a creación deste tema. “Parecíanos raro que a estas alturas o Barco non tivese himno e un día falando co presidente, Nilo Ramo, asegurou que xa o tiñan encargado pero ao final ninguén o facía e como coñecía a miña vinculación coa música propúxonolo a nós e aceptamos”, explica Santiago Paradelo, cantante de Ítaca, puntualizando que a proposta fixéronlla a comezos de ano pero non foi ata hai pouco cando puderon levalo a cabo. “Eu estaba traballando en Barcelona e ata que non volvese para O Barco non podía facer o encargo. Unha vez aquí puxémonos e sacámolo adiante”.

 

 

Así nace esta canción con ADN Valdeorrés que dende comezo de tempada está xa vinculado ao conxunto vermello. Santiago asegura que tiveron total liberdade para crealo, partindo da base de que querían un tema rockeiro e máis moderno que o clásico “tipo ópera”. A partir de aí centráronse na letra. “Máis que na música en si, démoslle máis importancia ao que se di. Queriamos que fose cantable, pegadizo, que animase e que a xente poda cantalo, en lugar de centrarnos en facer por exemplo un só de guitarra, que non ten. De feito fixemos unha música acorde coa letra, para que cando o equipo saia ao campo anime a cantar ao público”, explica o propio cantante.

Ítaca é unha banda barquense de metal formada por Santiago Paradelo (voz), Luis Álvarez (baixo) e Pablo Borrajo (guitarra), pero para o videoclip promocional do himno, gravado no propio campo de fútbol de Calabagueiros por Abel e editado por Ítaca, contaron coa colaboración especial de Uxía e Adrián.

O resultado é unha canción rock, con reminiscencias de punk e metal, cuxa letra fai referencia, entre outras cousas, á fundación do club, cun ton motivador que reúne ao  equipo vermello e á súa afección en torno a unha paixón: o fútbol.

Agora, ao berro de “Barco, Barco, Barco“, os rapaces de Javier Rey saltarán ao terreo de xogo coa forza da afección resoando por todo o campo.

Artigos relacionados

Back to top button