DeportesÚltima hora

IV Andaina Solidaria en Valdeorras, o 11 de xuño

Trátase dunha ruta de 15 km que será a beneficio da Cruz Vermella

 

Imaxe do cartel desta andaina benéfica que terá lugar no Barco en xuño.

Ás 9:30h. da mañá do vindeiro 11 de xuño tomarán a saída os participantes na IV Andaina Solidaria de Valdeorras. O punto de saída será dende a Cruz Vermella de Valdeorras, no Barco. Dende iniciarán un percorrido de 15 quilómetros con dirección ao Serro. Despois voltarase ao Barco, percorrendo parte do Camiño de Inverno. A organización disporá dun avituallamento en Éntoma.

Esta actividade deportiva ten asemade un carácter benéfico a favor da Cruz Vermella Valdeorras. As inscricións terán un custe de 6 euros (incluíndo 1 boleto do Sorteo de Ouro) e poderán facerse na propia Cruz Vermella valdeorresa ou ben en diversos establecementos colaboradores da vila.

Artigos relacionados

Back to top button