PolíticaÚltima hora

IV Convención de cargos públicos do PP de Ourense

O encontro desenvolverase o 20 de setembro nos Milagros (Baños de Molgas)
Presentación da convención de cargos públicos do PP.
Presentación da convención de cargos públicos do PP.

A partires das 12h. do sábado 20 de setembro dará comezo salón de actos do antigo centro educativo anexo ao Santuario de Os Milagros (Baños de Molgas) a IV Convención de Cargos Públicos do Partido Popular de Ourense.

Esta xuntanza responderá a un dobre obxectivo. Así, en primeiro lugar, preténdese “recoñecer o traballo do mellor activo do PP de Ourense: aquelas personas que reciben o apoio directo dos cidadáns co instrumento decisivo en democracia que é a papeleta. Unha labor que nos convertíu na segunda provincia de España en apoio á candidatura popular nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo”. E, en segundo termo, “renovar a confianza no noso proxecto político e así facelo de novo gañador dentro 248 días, nas vindeiras Eleccións Municipais”. Así o explicaban na presentación da convención o vicesecretario xeral do PPOU, Jorge Pumar; e a voceira dos populares ourensáns, Cristina Romero.

Este encontro será clausurado a partires das 13.15 horas polo alcalde de Baños de Molgas, Eladio Mangana; polo presidente provincial, Manuel Baltar, e polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button