EconomíaEconomíaÚltima hora

O Carballiño celebra a súa IV Pasarela de Moda o 4 de xuño

O Centro Comercial Aberto da vila programa o evento a partires das 19h no Anfiteatro da Veracruz
A Pasarela de Moda está organizada polo CCA do Carballiño.
A Pasarela de Moda está organizada polo CCA do Carballiño.

O Centro Comercial Aberto (CCA) do Carballiño celebrará unha nova edición -e xa van catro- da súa Pasarela de Moda. O evento prográmase para o vindeiro sábado 4 de xuño, segundo un comunicado do colectivo.

A cita para os amantes da moda local será a partires das 19h no Anfiteatro da Veracruz. Tamén se desvelou que participarán nesta IV Pasarela a actriz Isabel Risco e o cantante Hugo Torreiro.

A presentación deste evento terá lugar mañá, ás 11:30h da man do presidente do CCA, Julián Garriga, do edil de comercio, Adolfo Nogueira, a xerente do CCA, Noelia Mares, e o director da Axencia Luena, Manuel Varela.

Artigos relacionados

Back to top button