DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Iván e Iria, campións absolutos da IV carreira do Nadal da Rúa

Na proba solidaria, recolléronse uns douscentos quilos de comida para ser doada a Cáritas

Dunha soleada e calurosa tarde de decembro disfrutaron os preto de 240 participantes na IV Carreira e Andaina Popular do Nadal “1 kg. solidario” celebrada na Rúa.

Os primeiros en saír, en torno ás catro da tarde, eran os 57 andarines e media hora despois arrancaban os 86 corredores que completaron os oito quilómetros polas rúas da vila. Os últimos en correr foron os 94 cativos inscritos nas categorías inferiores, dende cadete ata prebenxamín.

Na categoría absoluta, o gañador desta cuarta edición da carreira organizada polo Concello da Rúa en colaboración coa F.G.A. en Valdeorras, o primeiro premio foi para Iván Fernández, o segundo para Hugo Sánchez e o terceiro para Alejo Ares. Na categoría feminina, a gañadora absoluta foi Iria Fernández, seguida no podio por Ana García e Sonia Vázquez.

Ademais da participación popular, a recadación de alimentos desta proba de carácter solidario foi alta, cuns douscentos quilos de comida que serán entregados a Cáritas.

Fotos: Mónica G. Bellver
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button