EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

IX Convivencia nas Adegas de Oval (Rubiá), o 19 de agosto

Unhas treces adegas abrirán as súas portas nesta edición a partires das oito da tarde
Servindo viño nunha das adegas da pasada edición./ Foto: Carlos G. Hervella.

Roza xa a década e cada ano gana en asistencia. O vindeiro 19 de agosto terá lugar a novena edición da Convivencia nas Adegas de Oval (Rubiá) a partires das 20h. Tal como informan dende a organización, serán trece as adegas que abran as portas ao público e nas que, ademais do viño, se degusten abundantes pinchos (queixo, xamón, tortilla, empanada de diferentes tipos, lacón asado, pementos de Padrón, tomates, orella…).

 

Dous dos membros da organización desta festa de Oval./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“A idea é que haxa variedade”, explica Sergio, un dos membros da organización. Ademais quen aguante ata entrada a noite tamén se poderá degustar rosquillas e doces que cada ano reparten polas adegas.

O prezo da entrada mantense nos 10 euros e contarase co acompañamento musical do grupo Os Bertolini de Manzaneda ao longo do percorrido, e da discoteca móbil A Boa Festa dende as 23 horas e ata a madrugada, na praza.

 

Esta cita reúne cada ano a numerosas persoas./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button