En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O IX Mercaberto abre as súas portas no Malecón barquense

Un total de 13 postos achegan diversos produtos a prezos moi rebaixados ata o día 19

Dende ás cinco da tarde poden percorrerse os 13 postos participantes no IX Mercaberto do Barco. Trátase dunha feira de oportunidades, organizada polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) en colaboración co Concello, que achega produtos a prezos moi rebaixados ao público.

Na mostra hai artigos moi variados, dende perfumes, calzado, complementos ou prendas deportivas ata doces. A mostra permanecerá aberta na xornada do 18 de agosto ata aberta ata as once da noite. O horario na segunda xornada desta feira será de 11h. a 14h. e de 17h.

Os comercios que participan nesta edición son Moral Zapatería, Can-Can, Librería Murciego, Novedades Maribel, D’Chus, A Casiña, Varadero, Mis Personajes, Ton y Son, Fíos Moda, Perfumería-Droguería Damas Escuredo, Baamonde O Barco e tamén a asociación benéfica Asfaval. No recinto tamén se conta con probadores.

O acto inaugural do Mercaberto tiña lugar ás seis e media da tarde do venres 18. Nel participaban a presidenta do Barco CCA, Sandra Moldes, que explicaba os contidos e programa do certame, xunto co alcalde do Barco, Alfredo García, e a concelleira de Comercio barquense, Irene Dacal. O rexedor resaltaba a importancia do comercio para a vila e o labor de dinamización que desenvolve o Barco CCA. Tamén aludía ao  Mercaberto como unha “cita xa clásica, ao pasar o San Roque enche o Malecón do Barco, á sombra dos plátanos”. E animaba aos veciños e visitantes a achegarse ata a feira e a mercar aproveitando os bos prezos.

Ademais a feira completarase con actividades como un concerto dos Clon Bois ás 23h. desta noite. Xa na tarde do 19 de agosto, a partires das 20:30h., haberá unha disco móbil dirixida ao público infantil, con animadores e bailaríns, así como obradoiros de maquillaxe de escena e fantasía e xogos de animación.

Fotos: A.R.

Máis fotos:
https://osil.info/inauguracion-mercaberto-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button