A sede da Fundación Ceo acollerá entre o 22 e o 24 de outubro a IX Semana Cultural que anualmente organiza a Asociación Cultural Amigos Vía Plata e que era presentado polos directivos da entidade.
Ao habitual concurso fotográfico e as conferencias temáticas, súmase este ano unha serie de homenaxes aos alcaldes dos vintecinco concellos ubicados no Camiño Mozárabe. Os de Puebla de Sanabria, Lubián e A Gudiña serán os primeiros en recibir este reconoñecemento “ao seu traballo a favor do camiño” explicando na presentación, engadindo que a “inauguración de Nava Castro, directora de la Axencia Galega de Turismo, marcará o inicio das xornadas culturais, o vindeiro mércores 22 de outubro”.
Dende ese meismo día ata a clausura, a cargo de Rafael Sánchez Barjiela, director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, a progrmación xirá en torno ás conferencias sobre o patrono dos peregrinos, San Famiano; o sentido antropolóxico da peregrinación, ou os mitos e lendas.
O programa inclúe asemade a asistencia á misa do peregrino na Capela do Santo Cristo na Catedral de Ourense (xoves 23 de outubro ás 19:30h.)
Na presentación dos actos, o presidente da asociación, José Luis Rodríguez, destacou que “os impulsores desta entidade levan case 25 anos traballando por recuperar este camiño, sinalizalo correctamente e promover o seu recoñecemento, así como a defensa do seu patrimonio espiritual e histórico”.