IX subida ao Barranco Rubio na Rúa

A camiñata está incluída no calendario de actividades da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras

En torno aos vintecincos camiñantes participaban na mañá do 31 de maio, na IX edición da subida ao Barranco Rubio na Rúa, unha das camiñatas incluídas no programa de actividades da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras.

A subida arrancaba pasadas as nove e media da mañá dende a praza José Antonio Míguez Freire da Rúa e chegaba ata o alto do mirador do Barranco Rubio para continuar co regreso ata o pavillón polidepotivo do Aguillón, onde tiña lugar o xantar.

A seguinte actividade programada dende a asociación será o vindeiro 21 de xuño por terras lucenses. Trátase da ruta Torrenovaes-Hospital-Hermida-Quiroga. Un percorrido aproximado de 8 quilómetros con saída ás 9h. do castelo e pasando por Caspedro, San Xulián, A Carballeira e Hospital (con visita á igrexa), seguindo ata A Verganza para subir ata a Hermida e rematar en Quiroga para xantar.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Teodoro Suárez

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies