EconomíaEconomíaÚltima hora

Javier García “O Careca VII” lerá o pregón da Festa do Botelo do Barco

A XVI edición da cita gastronómica celebrarase o 23 de xaneiro e inclúe moitas e variadas actividades
O alcalde do Barco e as concelleiras de Cultura e Turismo na presentación da Festa do Botelo do Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.
O alcalde do Barco e as concelleiras de Cultura e Turismo na presentación da Festa do Botelo do Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

Que sexa lúdica, promocional e formativa. Son segundoa a concelleia de Cultura Margarida Pizcueta, os tres obxectivos que se marca o Concello do Barco para a XVI edición da Festa do Botelo que se celebrará o vindeiro 23 de xaneiro e que presentará varias novidades.

A presentación das actividades que formarán o programa deste ano da festa, tiña lugar na mañá do 11 de xaneiro por parte da propia concelleira de Cultura, acompañada polo alcalde Alfredo García e pola concelleira de Turismo e Comercio, Irene Dacal.

A primeira das novidades será o encontro de blogueiros e xornalistas gastronómicos que terá lugaro vindeiro 16 de xaneiro, para que coñezan a elaboración do botelo por parte de Embutidos García Marcos, con degustación incluída. Dous días máis tarde, o luns 18 de xaneiro terá lugar un obradoiro de pinchos co botelo como base, a cargo da cociñeira Rocío Garrido, responsable do blog “La Cocina de mi Abuelo”, que se completará coa maridaxe de pinchos e viños a cargo do sumiller Jorge Cardoso. Ese mesmo día poránse á venda 950 entradas (15 euros) en horario de tarde na Casa da Cultura do Barco.

O xoves 21 de xaneiro proxectarase o filme “Una pastelería en Tokio” en colaboración co Cine Club Groucho Marx e xa o sábado 23 de xaneiro terá lugar o acto central da Festa do Botelo. Ese día o programa arrancará coa apertura dunha feira de produtos gastronómicos no Malecón (que se clausurará o domingo pola mañá) e o acto do pregón e mención de honra previsto para as 12:30h. no Teatro Lauro Olmo.

A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta co cartel do Botelo, obra de Luis Davila. /Foto: Mónica G. Bellver.
A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta co cartel do Botelo, obra de Luis Davila. /Foto: Mónica G. Bellver.

Este ano, a mención de honra será para José Luis Suárez Mateo “Sito o do xuíz”, hostaleiro vinculado ao casco vello do Barco con dous locais que activaron o barrio como son o café Real e o Veira Si. Con respecto á lectura do pregón, nesta XVI edición correrá por conta de Javier García León “O Careca VII”, veciño do Barco impulsor do Enterro da Sardiña na vila. No acto cantarán o Orfeón Valdeorrés e o cantautor barquense Anxo Rei.

O xantar terá lugar coma sempre no pavillón de Calabagueiros a partires das 14:30h, e antes de rematar, sortearanse cestas con produtos da zona.

O programa da Festa do Botelo do Barco 2016, Festa de Interese Turístico de Galicia, completarase coa emisión en directo dende o campo da festa do programa da TVG “Aquí Galicia” e da primeira edición dos Cantos de Taberna coa actuación de varios grupos noutros tantos locais da vila (grupos que tamén estarán presentes durante a comida).

A nivel promocional, este ano o Concello elaborou camisetas cunha ilustración de Luis Davila (autor do cartel), abrindo asemade a web do botelo www.festadobotelo.es e redes sociais (Facebook e Twitter).

Artigos relacionados

Back to top button