CulturaCulturaÚltima hora

Jesús Salgado presenta en Viana o seu libro sobre herdanzas

“Hasta que la herencia nos separe” fala de conflitos, paixóns e vendettas familiares en toda España
Portada do libro do xornalista vianés, Jesús Salgado.
Portada do libro do xornalista vianés, Jesús Salgado.

Xa levaba un tempo á venda pero non era ata este xoves 5 de marzo, cando Jesús Salgado Álvarez, xornalista natural de Fradelo (Viana do Bolo) presentaba en casa o seu libro “Hasta que la herencia nos separe”.

O acto tiña lugar na Casa da Cultura de Viana presentado por Carlos Ferreiro González, director do IES Carlos Casares e nel, o autor avanzou as liñas do libro pero sobre todo, deu unha clase maxistral sobre herdanzas e testamentos: os tipos que hai, como se reparten, quen e en que cantidades se herda, a lexislación vixente (diferente en cada comunidade autónoma),…

O acto foi presentado por Carlos Ferreiro, director do IES Carlos Casares.
O acto foi presentado por Carlos Ferreiro, director do IES Carlos Casares.
Un momento da conferencia sobre testamentos e herdanzas.
Un momento da conferencia sobre testamentos e herdanzas.

Os Ruiz-Mateos, Llongueras, Thyssen, Inditex… Cada familia ten o seu propio ADN, e cando hai herdanzas por medio, os parentescos familiares desaparecden, os sentimentos remóvense e pais, fillos, irmáns e incluso primos, sacan o peor de si mesmos para levar a maior parte posible do pastel.

Son historias de cartos, de amor, de desamor, de duelos, ciumes e traizóns sobre o lugar que cada un ocupa na xerarquía familiar. Pleitos aos que tamén se suman as administracións públicas e privadas, e incluso a iglexia, así como os chamados “caza herdanzas”.

Neste libro, Jesús Salgado introduce ao lector de maneira amena e precisa no complexo mundo das herdanzas, pero tamén repasa os casos máis nomeados de pleitos familiares nos últimos tempos, dando resposta a preguntas como ¿ata que punto os fillos poden dicirlle ao perruqueiro Lluis Llongueras: “papá, estás despedido” da empresa que fundou? ou ¿Por que Juana Cebrián foi declarada herdeira universal do patrimonio de Encarna Sánchez?, entre outras moitas.

Salgado asinando un exemplar trala presentación.
Salgado asinando un exemplar trala presentación.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button