OurenseÚltima hora

Joaquín Reyes e Ernesto Sevilla traen a Ourense o seu espectáculo “Viejóvenes”

O dúo humorístico actuará no Auditorio Municipal o domingo 8 ás 20 horas
O auditorio de Ourense será o escenario de "Viejóvenes".
O auditorio de Ourense será o escenario de “Viejóvenes”.

O dúo formado polos actores Joaquín Reyes e Ernesto Sevilla presenta en Ourense o seu espectáculo “Viejóvenes”, un show en clave humorística que versará sobre as vicisitudes nas que se encontran as persoas entre 37 e 40 anos. A representación terá lugar nunha única sesión prevista para o vindeiro domingo 8 de maio, ás 20 horas.

O espectáculo, de dúas horas de duración, é unha sucesión de sketches nos que ambos actores se enfundan na pel de diferentes persoaxes que pretenderán arrincar as risas do público.

As entradas pódense adquirir en www.ataquilla.com ou a través do teléfono 902 504 500. Tamén se poden mercar na Sala de Exposicións de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button