En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Jorge Luis Álvarez imponse no XI Trail de Outono

Preto de 200 deportistas participaron na dobre cita disputada no Barco de Valdeorras

Para dar a benvida ao outono e disfrutar das fermosas paisaxes que rodean nesta época o val, como cada ano dende hai once, o Club Peña Trevinca O Barco organizaba unha dobre competición deportiva: andaina e carreira polo municipio barquense.

Unhas duascentas persoas de diferentes puntos de Galicia e tamén da provincia de León, participaban na XI edición do da Andaina & Trail de Outono disputado na maña do 22 de outubro.

Sobre un percorrido de 19 quilómetros, con saída e meta no Malecón barquense, os primeiros en saír eran os andarines e media hora despois facíano os corredores cun trazado ata Viloira subindo a Soulecín para cruzar a Castro Vilariño. Aquí os participantes no trail seguían ascendendo para baixar a Alixo donde volvían unirse as dúas probas ata o Malecón.

Na categoría masculina, o vencedor da carreira foi Jorge Luis Álvarez Rodríguez do Team Botillos del Bierzo que completaba o percorrido nun tempo de 1:34:10. Segundo foi Víctor Cousillas Diéguez da AD Jarnachas da Coruña e terceiro Borja Alonso Carro da CDM Alto Sil.

Con respecto ás féminas, a primeira en entrar en meta foi Raquel Alija Muñoz de Estévez Sport, seguida de Elena Domínguez González do Club Trotadas do Barco e Verónica García Novoa.

Máis fotos no seguinte enlace: https://osil.info/preto-de-200-participantes-na-andaina-e-trail-barco/

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button