EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

José Antonio da Silva asumirá a presidencia en funcións da D.O. Monterrei

A actual presidenta, Asunción Rodríguez, informaba ao pleno da decisión de cesar no seu cargo por motivos persoais
José Antonio da Silva Rodríguez, actual vicepresidente da D.O. Monterrei, asumirá a presidencia a partires do 9 de setembro.
José Antonio da Silva Rodríguez, actual vicepresidente da D.O. Monterrei, asumirá a presidencia a partires do 9 de setembro.

No pleno celebrado na tarde do 7 de setembro polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei a súa presidenta, Asunción Rodríguez Zarraquiños, informaba da decisión de cesar nas súas funcións neste cargo por motivos persoais. Esa decisión xa lle ten sido comunicada á conselleira do Medio Rural.

Esta renuncia farase efectiva a partires do vindeiro 9 de setembro. Mañá, día 8 de setembro, Asunción Rodríguez participará no seu último acto como presidenta desta D.O. ourensá: unha acción promocional dos viños de Monterrei que se desenvolverá na Casa de Galicia en Madrid.

A presidencia en funcións do CRDO Monterrei será asumida polo actual vicepresidente deste órgano rector, José Antonio da Silva Rodríguez, responsable de Vinos Lara, unha das 25 bodegas amparadas por esta D.O.

Artigos relacionados

Back to top button