EconomíaEconomíaÚltima horaViticulturaXVIII Feira do Viño Valdeorras

Julián Villamarín, preogeiro da XVIII Feira do Viño de Valdeorras

O acto inaugural da mostra terá lugar o 11 de xullo ás 12:30h. na praza de Viloira (O Barco)
Julián Villamarín será o preogeiro da vindeira Feira do Viño de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
Julián Villamarín será o preogeiro da vindeira Feira do Viño de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

Son moitos os elementos que unen a Julián Villamarín Rodríguez, responsable da área de clientes internacionais de Autoneum Spain Northwest SLU, con Valdeorras. Unha das lembranzas que ten dende ben cativo da terra da que procede a súa familia paterna, e na que pasaba os veráns da súa infancia, é a viticultura e o viño. Disto falará a bo seguro como pregoeiro desta XVIII Feira do Viño de Valdeorras, que se desenvolverá do 11 ao 12 de xullo na praza de Viloira (O Barco).

O acto da lectura do pregón está previsto para as 12:30h. do 11 de xullo e con el arrancará un certame que reunirá nesta edición a 16 adegas amparadas polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Máis información na edición en papel de xullo do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button