CulturaCultura

“Kotodama”, a aposta dun xove actor por crear a primeira escola profesional de teatro no rural galego

Santi Cañaveral dirixe un curso de teatro en Verín (en colaboración coa área de Cultura do Concello) que pretende transformar nunha escola de teatro profesional nun futuro inmediato

O actor verinés Santi Cañaveral./ Cedida.

 

Hai tres anos Santi Cañaveral, un actor que acababa de diplomarse en Interpretación e Dirección de Escena non atopaba o seu sitio no complexo mundo da interpretación, decidiu tomar o seu propio camiño, probar sorte coa docencia. E facíao en Verín.

Deste xeito xurdía o primeiro curso de interpretación teatral neste municipio, que xa leva 3 anos activo, con cada vez máis alumnado e máis repercusión. A pandemia non conseguiu frear estas xornadas formativas, que se adaptaron á nova normalidade ensinando as escenas dos seus alumnos e alumnas a través das redes sociais, así como realizando actuacións presenciais no propio Auditorio Municipal de Verín.

Santi Cañaveral deuse decatouse da gran oportunidade que isto significa tanto para el, como para seu alumnado e o seu pobo, polo que decidiu crear o seu propio grupo de teatro baixo o nome “Kotodama”, coa intención de transformalo, nun futuro inmediato, na que será a primeira escola de teatro profesional do rural galego.

 

 

Kotodama é un proverbio xaponés que significa: espírito da linguaxe ou palabra da alma. Tanto a improvisación, coma a dirección ou a linguaxe corporal son teimas fundamentais nas clases de Santi Cañaveral, que resultan na deconstrución persoal de cada un dos seus alumnos e alumnas.

O grupo de teatro “Kotodama” continuará cas súas clases no Pavillón Municipal de Verín e con máis espectáculos e exercicios neste ano “post-pandemia”. Os interesados en inscribirse no curso de teatro poden facelo chamando ao teléfono 600 234 318.

Artigos relacionados

Back to top button