CulturaCulturaÚltima hora

“La violación de Lucrecia” no Teatro Principal de Ourense

Nuria Espert dá vida a Lucrecia na obra de William Shakespeare que se estreará o 24 de setembro
Cartel da obra de teatro "La violación de Lucrecia".
Cartel da obra de teatro “La violación de Lucrecia”.

O mércores 24 de setembro a partires das 21h. o Teatro Principal de Ourense acollerá, da man da compañía de teatro Juanjo Seoane Producciones, a obra “La violación de Lucrecia” escrita por Willian Shakespeare e dirixida por Miguel del Arco.

Para a actriz protagonista, Nuria Espert, que se mete no papel de Lucrecia, esta obra “contén todo o xerme e a grandiosidade das obras posteriores de William Shakespeare. A extraordinaria e emocionante narración do feito criminal que terminou co reinado dos reis en Roma e que propiciaron, por tanto a instauración da republica romana, convértese na pluma de Shakespeare nun mosaico de sentimentos, paixóns, arrebatos e delitos, nun espectáculo, en fin de gran beleza a pesar da súa arrepiante violencia”.

Segundo informan dende o Teatro Principal, a venda anticipada de entradas para a función está dispoñible a través de www.teatroprincipalourense.com ou www.entradas.abanca.com e do teléfono 902 43 44 43. E xa na taquilla do teatro os días 23 e 24 de setembro de 12h. a 14h. e dúas horas antes do inicio da función. O prezo das localidades é de 20€ (butaca, platea, 1º andar), 15€ (2º andar), 12€ (paraíso e VR).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button