ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Larouco celebra unha nova e exitosa edición da Festa do Cordeiro

Preto de 400 persoas asistiron ao xantar popular celebrado no mediodía do 21 de maio

O cordeiro volveu ser o protagonista da festa gastronómica celebrada en Larouco este domingo 21 de maio, unha cita que reuníu no pavillón de deportes da localidade, a preto de 400 persoas.

Pasadas as dúas da tarde arrancaba a XII edición da Festa do Cordeiro, na que os asistentes, chegados dende diferentes puntos da comarca, deron boa conta do menú a base de entremeses variados e o suculento cordeiro asado no forno O Noso Capricho con ensalada, ademais de bica. Un menú servido pola empresa de cátering Mantesil.

Igual que noutras citas gastronómicas, a Festa do Cordeiro nacía hai máis dunha década para dar a coñecer e promocionar o pobo así como a carne de cordeiro, converténdose ao longo dos anos, nunha celebración ben acollida pola poboación.

Coma sempre, entre os asistentes estaba o alcalde de Larouco, Joaquín Bautista e o concelleiro Alberto Méndez, ademais doutros alcaldes da comarca.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button