CulturaCulturaÚltima hora

“Ler conta moito” na Biblioteca Municipal da Rúa

Os días 25 e 26 de abril celebraranse dúas actividades para seguir conmemorando o Día do Libro
Maratón de lectura de Don Quijote. /Foto: Biblioteca Municipal da Rúa.

Na Biblioteca Municipal da Rúa continúan celebrando o Día do Libro e os días 25 e 26 de abril terán lugar dúas actividades encadradas dentro do programa “Ler conta moito”, nas que participarán alumnos dos colexios do concello.

Mañá martes, ás 12h. haberá “Nanoteatro”, contos escenificados para nenos de Infantil (de 3 a 5 anos) e ao día seguinte, mércores, será o turno de “¡A escena contos!” unha actividade de 150 minutos de duración dirixida a nenos de 5º e 6º de Primaria que constará de dúas partes: un obradoiro para un máximo de 14 nenos (espectáculo audiovisual a partir dun conto, creando os personaxes, a escenografía e a música); e a exposición do conto, sen límite de asistentes. A actividade comezará ás 11:30h.

 

Artigos relacionados

Back to top button