AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www. osil.info
1. Propiedade intelectual.
Todos os contidos despregados na website www.osil.info son propiedade intelectual e industrial da empresa editora
GARHERVE S.L. Por contidos enténdense todos os textos, fotografías, gráficos, ilustracións, deseños,
logos e deseños das páxinas. Queda terminantemente prohibida a distribución,
utilización ou copia destes textos, fotografías, gráficos, ilustracións,
deseños, logos e deseños de páxinas, a non ser que se conte cunha autorización expresa da empresa editora GARHERVE S.L.
O Internauta poderá ver todos os textos, fotografías, gráficos, ilustracións, etc. e ademais poderá imprimilos, copialos ou almacenalos
parcial ou totalmente no disco duro do seu ordenador sempre que o uso destes
elementos sexa exclusivamente persoal e privado. Calquera outra utilización
con fins comerciais é constitutiva de delicto contra a propiedade intelectual.
En ningún caso e baixo ningunha circunstancia os contidos da website www.osil.info poderán ser imprimidos, copiados,
almacenados parcial ou totalmente para crear bases de datos (sexan de imaxe ou texto) utilizadas a
posteriori con fins persoais ou comerciais.
Esta website contén textos, imaxes, ilustracións, gráficos, logos e deseños debidamente autorizados polos seus autores que non
poden ser copiados, alterados ou distribuídos, a non ser que se conte cunha expresa
autorización dos mesmos.
GARHERVE S.L. resérvase o dereito a emprender calquera acción legal contra calquera usuario que vulnere estes principios.
2. Acceso á website www.osil.info
O internauta ten a obriga de utilizar licitamente e con boa fe os servicios e informacións (sexan textos, imaxes ou gráficos) subministrados
por esta website. A empresa editora GARHERVE S.L. rexeita calquera responsabilidade pola usurpación ou uso indebido dos elementos enriba
citados.
O portal poderá conter ligazóns a sites operados por outras empresas que non sexan GARHERVE S.L. GARHERVE S. L. non controla estas websites e non se
responsabiliza das mesmas, incluíndo a dispoñibilidade dos contidos. A
inclusión destas ligazóns na website www.osil.info non presupón unha aceptación do contido nelas existente ou unha asociación cos seus
propietarios.
A empresa editora GARERVE S.L. declina calquera responsabilidade no que atinxe á aparición de virus informáticos ou calquera outro problema derivado
do uso do seu portal.
Asemade, a empresa editora considerará acción ilícita calquera das seguintes:
a) Acceso a calquera área non autorizada.
b) Calquera acción encamiñada a vulnerar ou probar a vulnerabilidade do sistema.
c) A instalación dun virus no portal.
d) Envios de e-mails non solicitados encamiñados a promocionar porductos ou servicios.
e) O ataque informático ao portal
GARERVE S.L perseguirá o incumprimento das condicións expostas ou calquera outro uso indebido dos contidos da súa páxina web co exercicio de todas as
accións civís e penais que estean no seu dereito.
Asemade, a empresa editora resérvase o dereito de copiar, alterar, allear, transmitir, publicar ou despregar calquera contido enviado ao
portal. O anterior presupón que a empresa editora ha exercer os dereitos de
propiedade intelectual e industrial dos mesmos.
3. Suspensión ou interrupción do acceso
GARHERVE S.L. resérvase o dereito de interromper ou suspender o acceso a www.osil.info no período que considere necesario, calquera que sexan as
razóns, ben de orde técnica, administrativa ou forza maior. A empresa editora non será responsabilizada por calquera suspensión ou interrupción
do acceso ou servicio.
|