ConcellosÚltima hora

Licítase o abastecemento e saneamento da Rúa

Un total de 721.580 euros investiranse na renovación destas infraestruturas
Imaxe da rúa Progreso da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe da rúa Progreso da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Concello da Rúa mellorará en breve as súas infraestruturas hidráulicas. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o 19 de setembro a licitación da primeira fase da renovación de infraestruturas de abastecemento e saneamento neste concello valdeorrés, concretamente nas rúas A Noria, Progreso, Felgar, Aranaveca e rúa do Campo.

Así, a Xunta, a través de Augas de Galicia, achegará un total de 721.580 euros para a realización destas actuacións. “O Concello da Rúa dispón na actualidade de parte da rede de abastecemento renovada, pero hai rúas en que a rede é de fibrocemento, de pouca sección, que provoca numerosas avarías e continuos cortes de subministración”, tal e como se indica dende a Xunta de Galicia.

Neste senso, as actuacións de mellora incluirán no caso da rúa da Noria a desmontaxe de instalación de bombeo, para “dotala de válvulas novas, carretes pasamuros, ancoraxes e reinstalación de bombas existentes, e protexela cunha caldeira antiariete. Executarase unha nova rede de impulsión desde a estación de bombeo ata os depósitos xerais en tubaxe de fundición de diámetro 200 mm. A rede de distribución executarase en tubaxe de PVC, desde a cámara de conexión que se vai executar no exterior dos depósitos, ata a conexión coas redes existentes na rúa do Progreso (dúas conexións) e na rúa Circunvalación. Este trazado substitúe a actual tubaxe de fibrocemento”, tal e como se informa dende a Administración galega.

No relativo ás rúas Progreso, Felgar e Arnaveca tamén se “substituirá a actual tubaxe de fibrocemento e executarase unha nova rede de distribución en alta en PVC. Na rúa do Campo proxectarase unha nova rede de distribución en alta en PVC”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button