DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A Liga Galega Escolar Abanca de atletismo no Barco, en imaxes

Os atletas máis xóvenes convertíanse en protagonistas na soleada mañá do 18 de novembro no Barco. As pistas de Calabagueiros acollían a edición 2017/2018 da VI Liga Galega Escolar Abanca. Nela estaba participaban os clubs Adas e Ourense Atletismo, xunto co CD La Purísima.

As probas desputábanse a partires das 10:45h. nas categorías benxamín, alevín e infantil, tanto masculinas como femininas. Desta cita saían clasificados o primeiro equipo de cada unha das fases e as cinco mellores puntuacións do total dos equipos participantes, os cales mediranse na gran final que acontecerá na Pista Cuberta de Ourense coincidindo ca súa inauguración o vindeiro dia 16 de decembro.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button