DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Lilian Calmejane, vencedor da etapa da Volta en San Andrés de Teixido

O colombiano Darwin Atapuma, segundo na cuarta carreira por Galicia, é o novo líder da ronda española

Lilian Calmejane (Direct Energie) proclamábase vencedor en solitario da cuarta etapa da Volta 16 celebrada na tarde do 23 de agosto, unha xornada de 163,5 quilómetros disputados entre Betanzos e o Mirador Vixía de Herbeira (2ª categoría), en San Andrés de Teixido (A Coruña). O francés foi o máis forte da fuga dos 20 ciclistas que se xogaron a vitoria e que serviu ao colombiano Darwin Atapuma (BMC) para situarse como novo líder da carreira, arrebatando a camiseta vermella ao murciano Rubén Fernández (Movistar), que incluso cedeu uns segundos respecto ao grupo de favoritos que chegaba xunto á meta.

Nesta ocasión os españois quedaron mii lonxe da cabeza na clasificación da carreira. Jaime Rosón (CJR) foi noveno, e Alejandro Valverde (MOV) entraba no posto vinte, aínda que na xeral individual o murciano mantense na segunda posición, a 28 segundos do líder. Por equipos, o Movistar Team, lidera a clasificación xeral.

A etapa 5, de 171,3 quilómetros entre Viveiro e Lugo arranca esta tarde ás 13:10 horas.

Artigos relacionados

Back to top button