Lobeira mellora o saneamento do núcleo de Carreiras grazas a unha subención da Xunta

A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e o alcalde de Lobeira, Antonio Iglesias, revisaron hoxe as actuacións

As obras levaranse a cabo no núcleo de Carreiras.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, supervisou as obras de mellora da rede de saneamento levadas a cabo no núcleo de Carreiras deste municipio ourensán ao abeiro dunha subvención da Vicepresidencia. Concretamente, grazas as axudas da Orde 14 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do Plan específico extraordinario de investimentos destinados á mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Galicia da Vicepresidencia da Xunta.

O alcalde deste concello ourensán, Antonio Iglesias Álvarez, amosoulle á máxima representante da Xunta na provincia todas as actuacións executadas para dar resposta ás necesidades dos veciños do núcleo de Carreiras que dispoñan dunha rede de saneamento moi antiga e deteriorada e que non recollía todas as edificacións de lugar. Así, executáronse os traballos precisos para a renovación da tubaxe da rede de saneamento e a instalación dun colector soterrado de PVC.

Segundo palabras da delegada territorial, grazas a esta Orde de infraestruturas de uso público a Xunta apoia aos concellos galegos para financiar infraestruturas como obras de saneamento e abastecemento de auga, instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais.

!Estas axudas permiten levar a cabo actuacións que benefician directamente aos cidadáns, e que contribúen decisivamente á mellora da súa calidade de vida, e demostran as vantaxes da colaboración entre administracións”, Díaz.

Neste caso concreto a Xunta e o Concello DE Lobeira aunaron esforzos para facer fronte aos máis de 45.300 euros que custou a intervención. O departamento autonómico achegou 35.000 euros.

 

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies