En portadaÚltima hora

O lobo ataca na montaña do Bolo

Imaxe da res atacada polo lobo na montaña do Bolo.

 

Levaban varios días buscando unha das súas vacas e, ao final, atopaban os seus restos. O animal resultaba presa do ataque do lobo. Non é a primeira vez que isto sucede no que vai de ano na montaña do Bolo, na comarca de Valdeorras. “Só nós xa levamos tres reses grandes e cinco ou seis pequenas e isto estase convertindo nun problema moi grande para nós”, explica a gandeira afectada.

Tamén indica que os “ataques de lobo cada vez son máis nesta zona e atacan a animais mais grandes. Non podemos resistir isto”.

Fotos cedidas.

 

Restos da vaca.

Artigos relacionados

Back to top button