EconomíaEconomíaÚltima hora

Lolo Andrade, premiado no Expoforum Noroeste Biofim polo seu labor na loita contra a velutina

Este galardón concédeo a Asociación Galega de empresas da loita Contra as Pragas, que preside o valdeorrés José Antonio Quiroga
José Antonio Quiroga, presidente de AGACPRA, xunto ao premiado, Lolo Andrade, e Terio Carrera.

Mel, vinagre e alcohol. Con estes ingredientes o traballador de Protección Civil Lolo Andrade inventaba un xarope que ten resultado sumamente efectivo para eliminar os avispeiros de “velutina”, unha praga que afecta seriamente aos apicultores. A difusión da súa receita en internet conta con case 2 millóns de visitas. Esta iniciativa acaba de ser agora recoñecida pola Asociación Galega de empresas da loita Contra as Pragas (AGACPRA), que vén de concederlle o Premio Expoforum Noroeste Biofim. Esta distinción entregábase o 9 de novembro no marco deste foro que se está a desenvolver en Santiago de Compostela.

Andrade recibía o galardón de mans o presidente, José Antonio Quiroga, e neste acto explicaba que dende que comprobou a eficacia deste xarope decidiu dalo a coñecer a través de internet, “alomenos un millón de persoas comentaron que o utilizaron e que lles foi útil”.

Ademais comentaba que “o alcohol da farmacia non vale para esta fórmula, porque ten engadidos produtos que lle quitan o olor, e o importante do xarope é que resulta atractivo para as avespas porque o alcohol potencia o olor do mel e atráeas cara os botes de cristal nos que introducimos a mestura”.

No decurso destas xornadas se abordaba asemade a problemática da avespiña do castiñeiro, cunha mesa redonda adicada tamén onte a este tema.

Artigos relacionados

Back to top button