EconomíaEconomíaÚltima hora

A Lousa xera o 55% dos empregos do sector da extracción en Galicia

O Observatorio Económico tamén reflicte que a Administración Pública, ensino ou sector primario sanitario, entre outros, sosteñen a meirande parte dos empregos da provincia
Manuel Baltar e Andrés Mazaira. // Foto: Carlos Asensio. 

A provincia de Ourense impulsa máis da metade do emprego galego no sector extracitvo, en particular da lousa e as actividades de apoio a este sector, así o reflice o Observatorio Económico Ourensán, que hoxe, 20 de xuño, foi presentado polo presidente da institución provincial, Manuel Baltar, e polo profestor da Universidade de Vigo, Andrés Mazaira.

Entre outras cousas, o presidente da Deputación salientou que neste momento estase a avanzar na rexeneración laboral  e este Observatorio “é unha ferramenta de análise que achega informacións socio-económicas na provincia para poder levar a cabo políticas públicas naqueles sectores ou concellos nos que falla o emprego”. Comercio, Administración Pública, ensino, sector primario sanitario, construción e hostalería sosteñen o 53,2% do mercado de traballo da provincia. Asemade, engádese esa aportación da provincia do 55% dos traballadores ocupados en Galicia nas industrias extractivas.

Outros sectores ourensáns que tamén aportan a súa contribución ao emprego galego son a venda e reparación de vehículos e no grupo laboral da Administración Pública, a Defensa e a Segudirade social, mesmo sobrepasan o 15%, con 16.400 postos de traballo en total, analizou o profesor Andrés Mazaira. A continuación, destacan os pesos relativos que acada Ourense nas actividades xurídicas e de contabilidade (14,5 % do total galego) e nos servizos sociais (13,9 %).

En canto aos sectores deficitarios, o profesor destacou a baixa ponderación do sector estratéxico da alimentación e as bebidas, no que Ourense xera só o 6,4% da ocupación galega. Tamén a automoción, cunha aportación do 7,5%, e nas actividades profesionais, científicas e técnicas (7,7%), así como no comercio maiorista, que xera só o 6,1% do emprego. No eido da industria textil, a pesares do alto índice de facturación que teñen as sedes destas empresas instaladas en Ourense, o sector só contribúe nun 8,03%, segundo aparece reflictido no Observatorio Económico provincial.

A nova infografía do Observatorio Económico reflicte que as ramas de actividade que creceron máis en ocupación no último ano -entre o primeiro trimestre de 2016 e o mesmo período de 2017- foron, en proporción, os traballos ligados ao sector inmobiliario, ás ramas administrativas e aos servizos auxiliares, cun auxe do 128,6 %; a venda e reparación de vehículos, cun crecemento do 117,6 %; e as actividades financeiras e dos seguros, que medraron un 112,5 %. Tamén estivo a piques de duplicar a cifra de ocupados nun só ano o grupo das industrias extractivas (incremento do 94,4 %).

 

Artigos relacionados

Back to top button