CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A Ludoteca-Campamento Urbano de Verín prepárase para unha intensa semana

Entre o 21 e o 28 de xullo, o Concello programa catro xornadas repletas de actividades para os máis cativos

A vindeira semana, comezan catro xornadas repletas de actividades para os máis cativos na “Ludoteca-Campamento Urbano” do Concello de Verín.

O luns 24 de xullo, con motivo do Día de Galicia, os menores da ludoteca, comezarán a xornada realizando unha xincana do Camiño de Santiago, na que farán diferentes probas ata conseguir chegar á “Catedral”. Ademais farán un traballo de investigación sobre os diferentes festexos que temos en Galicia, indagando sobre a súa historia para logo confeccionar un mapa xigante de Galicia e das súas festas.

O mércores 26 de xullo, será o Día do avó e da avoa. Unha actividade interxeracional, onde, a través da faceta lúdica, búscase potenciar os espazos de encontro entre nenos e persoas maiores. Os menores da ludoteca pasarán a mañá cos seus avós, compartindo xogos tradicionais populares como a ra, lanzamento de aros, billarda, peóns… Terá lugar no CEIP Amaro Refojo entre ás 10:30 e 13h. Para os máis pequenos, ademais, haberá xogos de auga.

O xoves 27 de xullo, tocaralle o turno ao Rally Támega. A actividade comenzará no río de Verín a altura da ponte e finaliza en Pazos. Trátase dunha competición na que os rapaces deben salvar unha serie de probas e obstáculos incorporados no recorrido e na que gana o equipo que antes consiga completalo.

E xa o venres 28 de xullo,  os menores do campamento urbano desfilarán polas rúas de Verín dando a benvida á Batucada 2017. A actividade comezará ás 11h. co “Desfile da Ludoteca Especial Batucada” que este ano terá temática espacial. Farán un percorrido circular desde o CEIP Amaro Refojo por Laureano Peláez, Praza do Concello, Praza da Mercé, Rúa dá Cruz e Praza  García Barbón, para terminar coa tradicional “Festa Infantil da Ludoteca”, ás 12h. no CEIP Amaro Refojo.

Artigos relacionados

Back to top button