ConcellosÚltima hora

O lume de Viana, o único que permanece activo en Galicia

Outros oito están estabilizados na provincia de Ourense e doce controlados, segundo a Consellería do Medio Rural

 

Monte queimado en Viana do Bolo.

Comezaba o pasado domingo na Gudiña e ía propagándose despois pola zona de Viana do Bolo poñendo en perigo diversos deste concello ata chegar na noite do luns moi preto de Fornelos de Filloás. A chuvia evitaba que entrase nesta localidade, pero aínda agora o lume continúa activo e o seu fume pode verse aínda dende Fornelos. As características da zona, de forte pendente, e tamén a presenza dun pinar complicaba a súa extinción.

De feito este lume é o único que permanece activo na comunidade galega, segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería do Medio Rural ás 9:30h. Ademais están estabilizados 15 lumes en Galicia, oito deles na provincia de Ourense: Ramil (Xunqueira de Espadanedo), Santiso (Maceda), Pensos (Esgos), Araúxo (Lobios), Cantoña (Paderne de Allariz), Paradellas (Parada de Sil), Betán (Baños de Molgas) e Gabín (Montederramo).

Quedaban controlados outros doce lumes na provincia, os de Chaveán (Chandrexa de Queixa), Cerdeira (San Xoán de Río), Melón, Chaguazoso (Vilariño de Conso), Rebordechau (Vilar de Barrio), Oseira (San Cristovo de Cea), Albarellos (Boborás), Coiras (Piñor); Covas, Chás e Marrubio (Montederramo) e Placín (Manzaneda).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button