En portadaÚltima hora

Un lume iniciado en Trives esténdese ata o veciño municipio de Quiroga

Quedaba controlado ao mediodía de hoxe e afecta a unhas 20 hectáreas entre monte raso e arborado
Superficie queimada no incendio iniciado en Trives.

Ás 02:05h. da madrugaba comezaba un incendio forestal na parroquia de Sobrado, no municipio da Pobra de Trives. Segundo as primeiras estimacións realizadas pola Consellería do Medio Rural, unhas 20 hectáreas (entre monte raso e arborado) víronse afectadas por este lume, que despois se estendeu ata a parroquia de Enciñeira, xa no concello lucense de Quiroga. Quedaba controlado ás 12,31 h., tal e como confirmaba Medio Rural. Levan traballando nel 4 axentes, 9 brigadas e 9 motobombas.

Por outra banda, a consellería tamén informa de que está controlado desde as 21:03 h. de onte o lume da parroquia de Alixo (O Barco), con 64 hectáreas queimadas de monte raso. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 64 hectáreas de monte raso. Na súa extinción levan participado 1 técnico, 7 axentes, 25 brigadas, 10 motobombas, 1 pa e 16 helicópteros.

Asemade permanence controlado tamén desde as 19,50 h. de onte o incendio declarado no municipio lugués de Ribas de Sil, parroquia de San Clodio con 126 hectáreas, das cales 96 son de monte arborado e 30 de raso.

Artigos relacionados

Back to top button