CulturaCulturaÚltima hora

Luns de Filmoteca con “Ikarie XB-1” no Cineclube Padre Feijóo

Naceu como unha película de propaganda do Partido Comunista de Checoslovaquia e co tempo converteuse en inspiración para outros filmes de culto
Fotograma do filme.

Arranca a semana e arranca o cinema na capital. Como é habitual o Cineclube Padre Feijóo comeza co seu Luns de Filmoteca co filme “Ikarie XB-1” (1963) de Jindrich Polák.

Concibido inicialmente como un filme de propaganda do Partido Comunista checoslovaco, en cambio o filme vai influír profundamente en títulos como “2001: unha odisea do espazo”, “Solaris” e “Star Trek”; converténdose, de xeoito paradoxico , nun título de culto co tempo.

https://www.youtube.com/watch?v=ERLPd8Gwjc0

Durante décadas o seu visionado foi case imposible, ata que en 2016 o festival de Cannes estreou unha copia restaurada dixitalmente polos arquivos nacionais de cine de Praga e Budapest, e o Cineclube Padre Feijóo o trae a Ourense.

O argumento vai ao redor dunha nave espacial onde unha tribulación busca un planeta que estea menos perdido que aquel do que proveñen. Durante a súa travesía descobren unha nave abandonada pilotada por cadáveres.

A proxección será o luns, 16 de outubro, na Biblioteca Pública de Ourense en dúas sesións: 20:30 e 23:00 horas e o custo da entrada é de 2 euros para asociados e 2,5 euros para o público xeral.

 

Artigos relacionados

Back to top button