OurenseÚltima hora

Maceda acollerá o XVII Encontro Provincial de Voluntariado de Cruz Vermella

Un total de 150 voluntarios de toda a provincia estarán presentes no Auditorio da localidade o 23 de setembro nun acto institucional

Cruz Vermella Ourense celebrará, o sábado 23 de setembro, o seu XVII Encontro Provincial de Voluntariado, que alcanza xa a súa décimo sétima edición; unha xornada “que serve para recoñecer o importante labor que realiza día a día o voluntariado e para facilitar o intercambio de experiencias entre as persoas que dedican parte do seu tempo para axudar aos demais desde os distintos proxectos”, aseguraron dende a institución.

No acto institucional, que se celebrará ás 11:30 horas no salón de actos do Concello de Maceda, 25 persoas recibirán un recoñecemento polo seu labor voluntario, implicación e entrega nas asembleas de Cruz Vermella na provincia de Ourense.

O programa inclúe ademais unha visita ao Museo Obradoio de Olería Niñodaguia, en Xunqueira de Espadanedo.

Tras a foto de familia e a comida de confraternización no Hotel Oca Vila de Allariz, os participantes gozarán dunha visita aos Xardíns de Allariz

O carácter voluntario é un dos principios fundamentais de Cruz Vermella; o que dedicar momentos de convivencia e vida asociativa é importante para estreitar lazos, fortalecer a Institución e contribuír na construción dunha sociedade máis xusta.

Cartel do encontro.

Artigos relacionados

Back to top button